Páginas

miércoles, 13 de octubre de 2010

DOSSIER "NEURAS"




“NEURAS”



REPARTO




Laura Cuervo: Sara (a psicóloga)
Noemi Rodríguez: María (a bulímica) e Eva (a súper muller)
Xavier Vázquez: Davide (o metrosexual)

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá
TEXTO: Mª Xosé Queizán
ESCENOGRAFÍA: Diego Costa
Vestiario: ÓNFALO
DESEÑO DE ILUMINACIÓN E ESPAZO SONORO: Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá
COREOGRAFÍA: ÓNFALO
DESEÑO GRÁFICO: Óscar Moreno




Contacto:
Distribución: María Casar

casardmaria@gmail.com


Tel. +34 678 60 15 50





Unha comedia para escachar de risa, sobre as “neuras” da sociedade contemporánea. Con números musicais e de maxia.




“NEURAS” aborda temas fundamentais da sociedade urbana actual, como a tiranía das modas, a relación conflitiva das persoas co aspecto do seu propio corpo, os novos modelos masculinos e femininos, o choque entre o desexo e as determinacións sociais… Pero, ao mesmo tempo, tamén aborda temas eternos, como é o respecto cara a quen é diferente, a busca do amor e da felicidade.
Unha comedia divertida pero, á vez, crítica e non compracente a través dun xogo no que as actrices e o actor ironizan sobre os estereotipos e os clixés contemporáneos.




SINOPSE



María, unha moza bulímica que ten problemas coa súa nai e cos rapaces; Davide, un mozo que sofre inhibición sexual fronte ao rol activo que exercen as rapazas; Eva, transexual que, despois das penurias e loitas para conseguir ser muller cambiando a súa anatomía, decátase de que, agora, aínda é menos considerada como persoa que cando era home. As tres personaxes teñen problemas de aceptación do seu corpo. Os conflitos de cadaquén, orquestrados por Sara, a psicóloga, resolven de xeito feliz e, segundo se mire, sorprendente.




O ESPECTÁCULO



O espectáculo xoga coa heteroxeneidade das linguaxes escénicas máis contemporáneas. A forza sintáctica das imaxes, súmase ao texto e a procedementos de realización xestual e coreográfica alén do realismo. Os temas polémicos que aborda Neuras están tratados desde unha textualidade expositiva moi contemporánea. A plasticidade, o sonoro e o “performativo” configuran o tecido fundamental no que se asenta este espectáculo, nunha colaxe de secuencias que flutúan entre a sitcom televisiva e o music hall.
Neuras, de Mª Xosé Queizán, supón, ademais, a estrea dun texto dunha das escritoras máis importantes da nosa literatura e pioneira do feminismo racionalista en Galicia.
O espectáculo que presentamos é unha festa escénica. Unha comedia que curará a neurose na que vivimos a través da risa.




O QUE DIXO A CRÍTICA DE “NEURAS”



“Os actores recréanse con acerto nesta construción paródica de caracteres e logran que os espectadores acollan con entusiasmo certas reflexións e certos valores, algúns deles moi corrosivos. […] O humor, por outra banda, mantén un encomiábel e elegante equilibrio no que os trazos dos diferentes – a gorda, o impotente, o homosexual – son utilizados como elemento de comicidade sen que se atente contra a súa dignidade. Iso permite unha fácil adhesión do público con arquetipos xa coñecidos pero agora tratados dende o respecto. […] Neuras é una montaxe na que é a invención escénica – impoñéndose sobre o texto – a que proporciona a transgresión, o que esperta a consideración por esta nova compañía teatral. O público capta o atractivo da súa proposta, ri moito no curso da representación e prolonga as ovacións.”




Manuel Xestoso. “A Nosa Terra”. Nº 1408. 27 de maio – 2 de xuño de 2010




“Neste seu primeiro espectáculo, a compañía realiza unha proposta comercial, de ton cómico, aproveitando con habilidade un texto de Mª Xosé Queizán, autora dun teatro moi interesante e non sempre ben coñecido polos axentes teatrais do noso país. […]
Efectivamente, é un acerto o ton de comedia lixeira, […], con toques de cabaré (os vestiarios, os números musicais) no que Contreras e Becerra instalan Neuras.”




Inma López Silva: “Xustiza poética” en Revista “TEMPOS NOVOS”. Xuño 2010




“Todos los criterios pueden ser discutidos, pero el que alude a la respuesta del público ante el espectáculo se presenta como uno de los más irrefutables. Grosso modo: hay dos tipos de espectáculos, aquellos que echan a los espectadores de la sala y aquellos que hacen que repitan. El argumento es taxativo y reduccionista, pero más allá del planteamiento que relaciona las calidades con la tiranía de la audiencia está la propia paradoja que le impone el medio a los criterios: sin público no hay teatro. Así que es muy probable —y mejor para todos— que cuantos más espectadores nos ganemos para la causa, independientemente del género de que se trate, mejor teatro nos depare el futuro.
Empezar una crítica hablando del público es empezar una crítica al revés. Pero nunca la ocasión nos viene tan propicia. […]Ya que la firme y atinada ejecución de los intérpretes dirigidos por Ana Contreras y Alfonso Becerra genera [en los espectadores] un entusiasmo difícil de ocultar. […] Señal inequívoca de que el objetivo principal está cumplido: volverán al teatro. […]
Festiva y efervescente. En la obra aparecen los personajes característicos del reality show —aunque puede que ésa no sea del todo la idea del libreto original— que van a consultar sus “neuras” a una psicóloga, interpretada por Laura Cuervo, que es más comedida porque hace el contrapunto a los pacientes: una bulímica, una supermujer y un metrosexual (Xavier Vázquez). Estereotipos rebosantes por su desmesura y por el rigor de tratamiento en su construcción —también se canta y hay partes coreografiadas—, entre los que sobresale la joven actriz Noemí Rodríguez por su talento y su exuberante físico. En fin, un espectáculo bastante alejado de cualquier tesis moralizante y bienintencionada […]. Se trata, como fielmente reza el programa de mano, y una vez contrastado con lo visto, de toda “unha comedia para escachar de risa…”. Y un buen comienzo para este Ónfalo que no es el ombligo que pone nombre a la compañía sino, afortunadamente, el centro —otro más— del teatro bien hecho.”




Roberto Corte: “Efervescente” en “La Ratonera”. Revista asturiana de teatro. Nº 29. Maio de 2010




“Ónfalo Teatro é unha compañía galega de recente creación, e segundo mirei cara ao escenario pensei que era unha compañía con moito fado, porque de súpeto o primeiro que vexo é unha escenografía limpa e sinxela, pero moi efectiva. Ademais estaba arroupada por unha iluminación que creaba, facía e desfacía ambientes dun xeito moi apropiado.”




María Francelina Crespo. “Revista Galega de Teatro”, Nº 64. Outono 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario