jueves, 15 de julio de 2010
Ensaios en Ribadavia "NA META (Sálvese quen poida)"
"NAI:
Sálvese quen poida non é un mal título
Un talento lle dixen
Ten vostede un grande talento
pero non estou tan convencida
Os éxitos son mero azar
calquera cousa provoca o éxito
ninguén sabe o que
aínda que se dean tódalas condicións
ninguén sabe o que
Tamén podía ter fracasado
Eu xa cría que non resultaría
Aquela insistencia aquela inflexibilidade
Son seres humanos me preguntei
Entón aplaudiron de súpeto como salvaxes
Alégrome por el naturalmente
Ao principio pensei que non resultaría
remexer na miseria
botarlle á xente á cara desde o escenario
a súa propia inmundicia
Pensei que non resultaría
Cada vez máis inmundicia no escenario
ata que o escenario enteiro está cheo de inmundicia
despois cae o pano
cando o escenario está cheo de inmundicia
Que outra cousa é máis que inmundicia
Está claro que teñen talento
eses mozos
e os vellos artistas os emporcalladores do teatro
Non che parece
que é unha baixeza amosarlle á xente
só a súa inmundicia"
(Fragmento da obra Na Metade Thomas Bernhard, traducida ao galego por Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario