Páginas

miércoles, 7 de julio de 2010

"NA META (Sálvese quen poida)". Estrea Casa da Cultura de Ribadavia. 17/07/2010 ás 20 h.



Estrea o sábado 17 de xullo de 2010 ás 20 h. na Casa da Cultura de Ribadavia

lunes, 28 de junio de 2010

Estrea de THOMAS BERNHARD en Galicia: NA META (Sálvese quen poida)




En coprodución coa MIT RIBADAVIA e co apoio do FORO CULTURAL DE AUSTRIA, Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá estrean THOMAS BERNHARD en Galicia co espectáculo "NA META (Sálvese quen poida)"

“NA META. (Sálvese quen poida)” é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso. Unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Unha NAI de armas tomar saca a súa metralladora verbal e fai saltar polos aires algúns dos piares da sociedade. A NAI viúva e a FILLA solteira reproducen dinámicas de dependencia, tiranía e submisión. Un ESCRITOR DRAMÁTICO novo, que vén de triunfar no teatro coa súa obra Sálvese quen poida, diríxese cara á meta das dúas espectadoras que orquestran esta comedia cáustica. Un espectáculo cunha primeira parte na que se fan as maletas e unha segunda na que se desfán. Unhas personaxes que deixan saír os monstros que a meirande parte das persoas agochamos. O riso terrible do coñecemento.

“NA META. (Sálvese quen poida)” conta coa interpretación maxistral da actriz Luísa Merelas, cunha longa traxectoria no teatro, no cine a nas series de ficción televisiva, xunto ao debut no teatro da recoñecida bailarina e coreógrafa Rut Balbís, da Cía. Pisando Ovos, coa que acadou prestixiosos premios. Completando a tríade co actor Toni Salgado, quen ten destacado cos seus papeis na Cía. A Factoría Teatro ou no Centro Dramático Galego (CDG), da man de Cristina Domínguez, Nuno Cardoso, Xan Cejudo e Roberto Salgueiro.


ESTREA o sábado 17 de xullo na Casa da Cultura de Ribadavia. Tamén haberá funcións o domingo 18 e o luns 19 de xullo

Ademais tamén presentaremos a tradución do alemán ao galego de AM ZIELde Thomas Bernhard, realizada por Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá, publicada pola editorial ourensá Difusora de Letras, Artes e Ideas, dentro da Colección Abrente da MIT RIBADAVIA.

"NA META (Sálvese quen poida)"

Dramaturxia e dirección escénica: ANA CONTRERAS e AFONSO BECERRA DE BECERREÁ.
Escenografía e vestiario: DIEGO COSTA.
Iluminación e son: ANA CONTRERAS.
Achegas coreográficas: RUT BALBÍS.
Deseño e imaxe: ÓSCAR MORENO.
Construción escenografía: PATADEGALO (Punxín, Ourense)
Instalacións eléctricas: ELECTRO BECERRA (Becerreá, Lugo)
Calzado tradicional: ALBERTO GEADA (Artesanía Os Muíños. Mondoñedo, Lugo)
Administración e xestión: AMPARO BECERRA.
Propietaria dos dereitos de representación de Am Ziel: SUHRKAMP VERLAG

Elenco:
Nai - LUÍSA MERELAS
Filla - RUT BALBÍS
Escritor dramático - TONI SALGADO

Agradecementos:
ROBERT KANA e JOSE ROJO (Viena). RUBÉN RUIBAL. ISABEL IGLESIAS. LARA CONTRERAS. MANUELA GÓMEZ (in memoriam) da Casa de Toldo de Vilar de Ousón, Becerreá, Lugo.

lunes, 22 de marzo de 2010

"NEURAS" en VIGO, venres 21 de maio de 2010.



Teatro García Barbón - CAIXANOVA de VIGO. O venres 21 de maio de 2010 ás 20,30 h.

domingo, 20 de diciembre de 2009

PRÓXIMAS FUNCIÓNS DE "NEURAS"


04 / 03 / 2010 ás 20, 30 h. RE-ESTREA no AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE DE LUGO.

06 / 03 / 2010 ás 20 h. no PAZO DA CULTURA DE NARÓN (A Coruña).


08 / 03 / 2010 ás 11, 30 h. no AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL DE RIBADEO (Lugo).



21 / 05 / 2010 ás 20,30 h. no Teatro García Barbón CENTRO CULTURAL CAIXANOVA DE VIGO.






domingo, 29 de noviembre de 2009

"Neuras" estréase con éxito


"NEURAS" estréase con éxito en Cangas, o 18 de novembro de 2009.