Páginas

viernes, 21 de agosto de 2009

"NEURAS"






Unha comedia con números musicais, de cabaré e de maxia. O espectáculo baséase nun estilo formal impecable e nunha linguaxe escénica contemporánea. Os temas polémicos que aborda NEURAS están tratados desde unha textualidade expositiva que tamén é moi contemporánea e que dá pé a xogos moi diversos alén do realismo. Unha colaxe de secuencias que flutúan entre a sitcom televisiva e o music hall.

...


A relación complexa e conflitiva do suxeito contemporáneo co corpo, a identidade e as súas novas formas, a transexualidade, a bulimia, a tiranía das modas, a inhibición sexual do home fronte aos avances da muller, a revisión do pensamento feminista, os novos modelos masculinos e femininos, o respecto cara a un mesmo e cara a quen é diferente, son algúns dos temas principais que imos abordar.


CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DO ESPECTÁCULO "NEURAS":

  • Unha comedia para escachar de risa, sobre as “neuras” da sociedade contemporánea e urbana.
  • Os personaxes: xente nova, desenfadada e, aparentemente, desinhibida, pero que teñen problemas de aceptación do seu propio corpo e de si mesmos/as.
  • “Neuras” aborda temas fundamentais: o respecto a quen se sente diferente, o respecto a nós mesmo/as, a tiranía da moda, a busca da felicidade, a parella, o amor.
  • A primeira obra que se estrea de Mª Xosé Queizán, unha das escritoras máis recoñecidas da nosa literatura, pioneira do feminismo en Galicia.
  • Un espectáculo cunha linguaxe visual atrevida, con números musicais, de maxia e de cabaré.
  • Un equipo artístico formado por profesionais cunha sólida formación en variadas disciplinas escénicas e experiencia en teatros de Galicia e de fóra.
  • ÓNFALO unha nova compañía fundada por unha directora e un director, Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá, que apostan por un teatro de calidade que chegue a tódolos públicos.
---------------------------(castellano)---------------------------------------------------------

EL ESPECTÁCULO "NEURAS"


Comedia con números musicales, de cabaret y de magia. El espectáculo se basa en un estilo formal impecable y un lenguaje escénico contemporáneo. Los temas polémicos que aborda NEURAS están tratados desde una textualidad expositiva que también es muy contemporánea y que da pie a juegos muy diversos más allá del realismo. Un collage de secuencias que fluctúan entre la sitcom televisiva y el music hall.
La relación compeja y conflictiva del sujeto contemporáneo con el cuerpo, la identidad y sus nuevas formas, la transexualidad, la bulimia, la tiranía de las modas, la inhibición sexual del hombre frente al avance de la mujer, la revisión del pensamiento feminista, los nuevos modelos masculinos y femeninos, el respeto hacia uno/a mismo/a y hacia quien es diferente... son algunos de los temas que aborda el espectáculo.


------------------------------------(elenco da Cía. ÓNFALO)-----------------------------------

ELENCO ARTÍSTICO

REPARTO POR ORDE DE APARICIÓN:


Laura Cuervo: Sara (psicóloga)


Noemi Rodríguez: María (bulímica) & Eva (súper muller)


Xavier Vázquez: Davide (metrosexual)


..................................................................................................................................................................


DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá.


ESCENOGRAFÍA: Diego Costa.


VESTIARIO: ÓNFALO


ILUMINACIÓN E SON: Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá.


DESEÑO DE MAQUILLAXE: Alberte Bello

COREOGRAFÍA: ÓNFALO


DESEÑO E IMAXE: Óscar Moreno.

DISTRIBUCIÓN: Emedous
Contacto: emedous@emedous.com (Tel. 981 534 134)
.....................................................................................................................................................................


RESUMO DOS CURRÍCULOS:

ANA CONTRERAS (dramaturxia e dirección). Licenciada en Dirección de Escena e Dramaturxia pola RESAD (Real Escuela Superior de Arte Dramático) de Madrid, onde actualmente exerce a docencia, Posgrao en Historia e Teoría do Teatro pola Universidad Complutense de Madrid, diplomada en interpretación pola EMT de Burgos, cursou estudos de dirección de escena e interpretación na Middlesex University de Londres. Dirixiu máis dunha vintena de espectáculos en diferentes compañías e teatros, os máis recentes: Hamlett (2009) da Cía. Kaputt de Madrid; El día que murió Víctoria Beckham (2008), Si no llamas e Y mañana no sale el sol (2007), da Cía. Doble Tiempo de Madrid; Sodom (2006) en coprodución dos festivais Escena Abierta de Burgos e Escena Contemporánea de Madrid; Woyzeck (2004) coa que foi Finalista no Certame de Directoras de Escena de Torrejón de Ardoz. Tamén quedou Finalista no Certamen de Puesta en Escena de El pequeño deshollinador de Britten para Jóvenes Directores 2004, do Teatro Real de Madrid. Ten publicados unha decena de artigos, escribiu guiones radiofónicos, e realizou varios deseños de iluminación e son.



AFONSO BECERRA DE BECERREÁ (dramaturxia e dirección). Máster en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona, licenciado en Dirección Escénica e Dramaturxia polo Institut del Teatre de Barcelona e titulado en Interpretación polo ITAE de Asturias. Ten publicadas varias obras teatrais e libros de ensaio. É premio Álvaro Cunqueiro (2001) da Xunta de Galicia. Os últimos espectáculos que dirixiu, ademais das escenas estreadas nas Noites Poéticas da A.C. A Pipa de Becerreá desde 1998 á actualidade, son: Rosalía 21 (2008) de Producións Bles de Madrid, ¿Tiene fantasmas este castillo? (2002) e Paraules i records de Mossen Cinto Verdaguer (2002) ambos de Històrica Produccions S.L. de Barcelona, Rexurdimento. Coplas de cego (2000) de Nove Dous Teatro S.L. do Carballiño. Participou en espectáculos e proxectos no TNC (Teatre Nacional de Catalunya) e no Teatre Lliure de Barcelona. Ademais, actualmente, exerce a docencia na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) de Galicia, e pertence ao Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro).



DIEGO COSTA (escenografía e vestiario). Licenciado en Escenografía pola RESAD de Madrid. Actualmente traballa no CDN de Madrid e ten realizado numerosos traballos de deseño de escenografía para diferentes compañías teatrais.



LAURA CUERVO (actriz). Titulada en Interpretación polo ITAE de Asturias. Traballou como actriz con Teatro del Norte (Asturias) de Etelvino Vázquez (1992), en tódolos espectáculos das Noites Poéticas da A.C. A Pipa de Becerreá, dirixida por Afonso Becerra (2008), en Macbeth de Shakespeare, dirixida por Dani Salgado no Teatre Malic de Barcelona (2002), etc.



NOEMI RODRÍGUEZ (actriz). Licenciada en Interpretación pola ESAD de Galicia. Fixo o papel protagonista en Tarará-Chis-Pum de Artello Teatro e do CDG (2007). Recentemente traballou en O milagre da boneca da Cía. Baraka Teatro (2008), e participou na obra Kiss de Tino Sehgal no MARCO de Vigo. Ademais, actualmente, presenta e actúa no programa de humor "Land Rober", dirixido por Roberto Vilar, e emitido pola TVG.



XAVIER VÁZQUEZ (actor). Licenciado en Interpretación pola ESAD de Málaga. Profesor de Interpretación na RESAD de Madrid. Premio Mellor Actor de Reparto 2005 da Unión de Actores de Madrid, polo seu papel en Los verdes campos del edén, baixo a dirección de Antonio Mercero. Foi dirixido por Peter Stein, no Centro Dramático Nacional de Atenas (2007), en Electra; e por José Luis Gómez, no Teatro La Abadía de Madrid, en Baraja del Rey Don Pedro e en Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte (2000).



OSCAR MORENO (imaxe e deseño). Estudou no Istituto Europeo di Design de Madrid. Ademais do seu traballo como deseñador gráfico, ten realizado exposicións da súa obra como artista plástico en distintas capitais europeas. Ten ditadas numerosas clases maxistrais arredor do seu traballo en múltiples universidades europeas.



AMPARO BECERRA (produción e xestión). Licenciada e Dirección e Administración de Empresas e Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Leva a xerencia da A.C. A Pipa de Becerreá (CIF. G27282825) desde a súa fundación.